O Laboratorio de son é un espazo experimental para a improvisación musical aberto unha vez ao mes no FAC Peregrina ao público, á colaboración e á participación doutrxs músicxs e convidadxs coa intención de investigar e estar no espazo proxecto artístico autoxestionado a través do son-ruido. As colaboracións, propostas e convites están xestionadas polo Equipo Laboratorio de son FAC: Lúa Gándara e Pablo Orza.
ÚLTIMA SESIÓN
Venres 7 de xuño de 2013 ás 20h.
Niet F-n, Macarena Montesinos, Nacho Muñoz e Pablo Orza
__________
CUARTA SESIÓN
Venres 7 de decembro de 2012 ás 20h.
Peche Jalisia Fanecas con Pablo Orza, Lúa Gándara, Monica de Nut e Diego Vites
TERCEIRA SESIÓN
Venres 13 de xullo de 2012 ás 20 hs.
Sesión improvisación (des)comunal
SEGUNDA SESIÓN
Venres 22 de xuño ás 20:30 hs.
Pablo Orza + Lúa Gándara + Ranter’s bay + Macarena Montesinos
O Equipo do Laboratorio de son composto por Lúa Gándara e Pablo Orza contará cos convidadxs Ranter’s bay (electrónica) e Macarena Montesinos, violoncellista de formación clásica e posteriormente especializada en jazz, membro da O.M.E.Ga (Orquesta de Música Espontánea de Galicia) dende o 2009 e integrante do cuarteto de corda frotada de improvisación libre Suelen Estar Quartet.
____________________
SESIÓN INAUGURAL
Venres 27 de abril de 2012
Lúa Gándara + Pablo Orza
Lúa Gándara + Pablo Orza, improvisadorxs membrxs da Orquesta Omega (Orquesta de Música Espontánea de Galicia), orquesta de improvisación libre experimental formada por un colectivo dunha vintena de artistas galegxs arredor do Centro de Novas Tecnoloxías do Pico Sacro en Santiago de Compostela, serán xs encargadxs de abrir a sesión inaugural do Laboratorio de son FAC
Participantes: Pablo Orza (son), Lúa Gándara (voz), Ania González (poemas), Paulina Funes (danza) e Diego Vites (trompeta).