FAC Producións

Montaxes de produción propia que proxectarán presentacións formais de liñas de investigación e intereses do equipo FAC.

FAC OFF
23.03-13.04.2012
FAC Peregrina
Furancho de Arte Contemporánea
Venres de 17:00 a 23:00 horas
Inauguración venres 23.03 ás 19:30 hs.

Montaxe presentación do espazo proxecto artístico autoxestinado FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea.

FAC OFF é, ademais dunha declaración de intencións, a presentación da obra de recuperación e transformación do Galpón da casa d’A Peregrina nun Furancho de Arte Contemporánea coma intervención estética e conceptual co obxectivo de dar a coñecer á comunidade artística a existencia deste espazo intermedio e non mediado por intereses alleos aos do traballo de creación como posibilidade.

FAC OFF é a primeira das FAC Producións, montaxes de produción propia que buscan a presentación formal de diferentes liñas de investigación e interese do equipo FAC. Desta volta o interese céntrase na adopción das estratexias propias da contorna que habitamos para a construción e deseño dun espazo de relación e intercambio directo de excedentes como é o Furancho.

Intervencións:

Invitación

Furancho

Mobles

Lembrando o tempo no que vivimos

Cubo Branco

FAC in shit (FAC na merda)


FAC in shit (FAC na merda)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s