FAC Express

Montaxes dun día de duración que atenden de forma espontánea posibles urxencias espaciais ou de presentación doutros proxectos artísticos ou de investigación.

FAC Express Andre Alves + Dalila Gonçalves
CONTORNAR
Venres 14 de xuño de 2013

Os artistas portugueses Andre Alves (b. 1981) e Dalila Gonçalves (Castelo de Paiva, 1982) presentan no FAC Peregrina a montaxe expositiva CONTORNAR, a modo de continuación da intervención conxunta TORNAR (Laboratorio das Artes. Guimaraes, Portugal) na que ambos comparten o proceso de nvestigación teórica, material e estética que configuran os inesperados encontros e conexións entre as súas singulares linguaxes artísticas. Nesta ocasión, CONTORNAR, amosa os seus diferentes achegamentos artísticos en torno ao concepto de tempo, a materialidade, a categorización, a linguaxe e o proceso.

Contornar, Andre Alves
Contornar, Andre Alves
Contornar, Andre Alves
Contornar, Dalila Gonçalves
Contornar, Dalila Gonçalves
Contornar, Dalila Gonçalves
Contornar, Andre Alves
Contornar, Andre Alves
Contornar, Dalila Gonçalves
Contornar, Dalila Gonçalves
Contornar, Andre Alves
Contornar
Contornar
Contornar
Contornar
Contornar, Dalila Gonçalves
Contornar, Dalila Gonçalves

______

FAC Express Pablo Orza
ARQUITECTUACIÓN FAC
Venres 7 de xuño de 2013

O artista Pablo Orza (Zamora, 1971) recupera con esta montaxe expositiva no FAC Peregrina o seu traballo en torno ás “Arquitectuacións” que plantexara por última vez no ano 2006 na exposición colectiva Urbanitas no MARCO de Vigo. Unha montaxe que linda coa instalación, a arquitectura e a acción colectiva e que contou coa colaboración musical de Nacho Muñoz, Macarena Montesinos, Niet F-n e Lúa Gándara.

Arquitectuación FACArquitectuación FAC
Arquitectuación FAC
Arquitectuación FAC
Arquitectuación FAC
Arquitectuación FAC
Arquitectuación FAC
Arquitectuación FAC
Arquitectuación FAC
Arquitectuación FAC
Arquitectuación FAC
Arquitectuación FAC
Arquitectuación FAC
IMG_1775
Arquitectuación FAC
Arquitectuación FAC
Laboratorio de son FAC
Laboratorio de son FAC
Laboratorio de son FAC
Laboratorio de son FAC
IMG_1886

Rexistro videográfico do Laboratorio de son FAC AQUÍ

_____

FAC Express PROXECCIÓNS INSOLUBLES
Devuison (Berio Molina e María Roja) + Cinescapismo (Laura Villaverde e Roi Fernández). Venres 31 de maio de 2013

Os performers Berio Molina e María Roja presentan no FAC Peregrina o seu proxecto de maquillaxe ampliada Devuison no que a maquillaxe de cores especialmente escollidas e controladas para facilitar a transmisión do son imprimen na faciana un rexitro co que interactuar mediante o movemento muscular e que é capaz de xerar a reproducción, repetición e creación aleatoria de son. Pola súa parte, Laura Villaverde e Roi Fernández (Artesacía e Sr Pause Cinescapismo) presentan no espacio anexo do FAC Peregrina Cinescapismo, unha performance na que presenza física, teatro, proxeccións cinematográficas e mapping sobre caixas de cartón configuran a escea dunha experiencia poética particular.

Devuison
Devuison
Devuison
Devuison
cuatro


Cinescapismo
Cinescapismo
Cinescapismo
Cinescapismo
Cinescapismo
Cinescapismo

___________

FAC Express Ania González
FAC FEMINISMOS // Recepción das prácticas feministas, queer e trans na programación cultural galega
Venres 24 de maio de 2013

A crítica cultural e codirectora do FAC Peregrina Ania González (Vigo, 1977) presenta no FAC Express FAC FEMINISMOS unha montaxe material capaz de constituir escrita co obxectivo de producir unha análise colectiva da recepción das prácticas críticas feministas, queer e trans na programación cultural feita en Galicia para o que contou coa colaboración da revista feminista galega Anda!na, a artista Lúa Gándara, o investigador e militante Gender Hacker, a filósofa Rebeca Baceiredo, a comisaria Anxela Caramés, as galeristas María Diaz e Araceli Torres, as activistas lésbicas e feministas Mai Insua e Mari Fidalgo e o músico Sr. Anido.

FAC Feminismos
FAC Feminismos
IMG_1618
FAC Feminismos
IMG_1577
FAC Feminismos
FAC Feminismos
IMG_1611
IMG_1608
"Armas de mujer" Lúa Gándara
Archivo T, Gender Hacker
Entrevista Rebeca Baceiredo
Entrevista Anxela Caramés
FAC Feminismos
Entrevista María Diaz e Araceli Torres (AboutArt Gallery)
Entrevista a Mai Insua e Mari Fidalgo (activistas lésbicas e feministas)
Acción de Mai Insua e Mari Fidalgo
Concerto Sr. Anido

Vídeomensaxe presentación do proxecto teórico/artístico ARCHIVO T empregado en FAC FEMINISMOS como ferramenta de contextualización historiográfica polo seu creador Gender Hacker

Videoteca online FAC Feminismos
Bibliografía FAC Feminismos
(Rexistro pendente de ampliación cos vídeos das entrevistas e o debate final)

____________

FAC Express Misha Bies Golas
GROSSO MODO (Hai que estar tranquilos)
Venres 10 de maio de 2013

O artista Misha Bies Golas (Lalín, 1977) presenta no Galpón principal do FAC Peregrina a publicación GROSSO MODO (Hai que estar tranquilos) coa colabración musical dos grupos Diadermin e Los Televisores e de Melómano Caracas.

GROSSO MODO
GROSSO MODO
GROSSO MODO
GROSSO MODO

DSCN9585

GROSSO MODO

GROSSO MODO

Diadermin

Los Televisores

_______


FAC Express Olmo Blanco
Domingo 5 de maio de 2013

O artista visual e membro do Equipo FAC Olmo Blanco (Boiro, 1982) presenta en exclusiva para a rede e en concreto para o blogue do FAC Peregrina, a montaxe expositiva FAC Express Olmo Blanco na que presenta unha serie de intervencións realizadas nos epazos do FAC cando éste estaba dispoñible e nas que o artista utiliza obras que forman parte da súa sobreprodución, traballos descartados ou proxectos frustados aos que lle da un novo uso.

FAC Express Olmo Blanco










IMG_1195

____________

FAC Express Jose Luis Seara
ENTRE BAMBOLINAS
venres 26 de abril de 2013

O pintor Jose Luis Seara (Arcade 1957) toma o FAC Peregrina co seu traballo artístico máis relacionado coa súa actividade profesional como escenógrafo. Coa montaxe “Entre Bambolinas” Seara desprega no espacio do Galpón principal do FAC as teas producidas polo artista para distintas montaxes teatrais e fílmicas acompañándoas do rexistro videografico da súa montaxe e discusión durante os procesos de produción así como do pase da largometraxe “La maleta de Sofía” (Saga Tv, 2011), un documental de Marcos Gallego sobre Sofía Casanova (A Coruña, 1861-Poznan 1958), escritora e corresponsal de guerra galega no que Seara colabora creando as escenografías das recreacións ficcionadas sobre os epoisodios da vida da protagonista relatados no documental.

Entre bambolinas
Entre bambolinas
Entre bambolinas
Entre bambolinas
Rexistro videográfico
La maleta de Sofía

_________

FAC Express Ismael Teira
YES YOU CAN (Si ti podes)
venres 19 de abril de 2012

O artista Ismael Teira (Boiro 1986), que actualmente vive e traballa en Valencia, visita o FAC Peregrina coa montaxe expositiva na modalidade de FAC Express YES YOU CAN (Si ti podes) coa que presenta o seu traballo artístico e teórico sobre o desexo humán de atravesa-la paisaxe e as posibilidades reais desa ilusión de liberdade que a entorna natural da paisaxe parece estar continuamente a ofrecer. Nesta montaxe o artista mostra dous cadros atopados que representan unha escea nun campo de Golf, traballos e publicacións anteriores así como a súa investigación teórica entorno aos temas do seu traballo artístico.

Detalle
Detalle
Detalle
Detalle
Detalle

________________

FAC Express ∛∞
venres 12 de abril de 2013

O colectivo de traballo GLıɫcʜ ᴬᴺᴰ GLıɫɫɛʀ trae ao FAC Peregrina, coa montaxe expositiva na modalidade de FAC Express ∛∞, os seus procesos de creación e intervención da imaxe do son e da confección dende as estéticas e éticas abertas que teñen a internet coma marco material. Con esta proposta FAC Peregrina pretende achegarse aos novos medios de creación e as novas formas da arte actual.

Detalle
Detalle
Detalle
Vista xeral
Detalle
Detalle
Detalle
Detalle
fac8




GLıɫcʜ ᴬᴺᴰ GLıɫɫɛʀ

_____________

FAC Express Manuel Eiris

O artista Manuel Eiris (Santiago de Compostela, 1977) presenta no FAC Peregrina unha das pezas dunha ampla serie na que está a traballar actualmente e que remite nas súas distintas propostas materiais ao concepto de intestabilidade física; nesta ocasión recorre á repetición do surco ou trazo que unha tabla de skate deixa nun banco dunha praza da cidade de Santiago de Compostela mediante a súa grabación e posterior reprodución (a do surco) na superficie dun vinilo.

FAC Express Manuel Eiris

Venres 9 de novembro de 2012

Grabación sonora registrada en vinilo de 7″ de un nose-slide ejecutado por un skater en uno de los bancos de la plaza de la Constitución de Santiago de Compostela.



____________________

FAC Express Jorge Varela + concerto Nauta

O escultor Jorge Varela (Allariz, 1971) volta á actividade expositva no FAC Peregrina coa súa intervención Unha imaxe tres lecturas, unha complexa reflexión sobre a posiblidade da traducción, do acto de fala sobre a propia obra e da comunicación en xeral.

( ) de Jorge Varela
venres 2 de novembro de 2012

Con el título de ( ) quiero dar un rodeo en torno a un hueco, un paréntesis que no aclara nada y sin embargo está ahí. Ese hueco es para mi el sentido de la obra.

Lo que se dice no está afuera y al mismo tiempo se dice desde afuera, como el dolor paradójico del miembro fantasma.

Una obra ( ) y un diálogo } {






+ concerto Nauta

_________________


FAC Express YOSEBA MURUZÁBAL

O pintor Yoseba Muruzábal (A Coruña 1984) presentará o vindeiro venres 25 de maio no FAC Peregrina a súa obra de encargo “Bacanal” composta por un panel de grandes dimensións no que retrata aos membros da familia FAC’er participando dunha bacanal romana e un retrato, tamén de grandes dimensións, do deus Baco. Con esta proposta o FAC Peregrina pretende afondar sobre a cuestión das obras por encargo como medio de supervivencia e produción, non sempre recoñecido, para o artista.

BACANAL POR ENCARGO
YOSEBA MURUZÁBAL
Venres 25 de maio de 2012

Nunha aposta polas obras artísticas de encargo coma forza de traballo, o Equipo FAC convida ao artista Yoseba Muruzábal a traballar no seu espazo onde xa fotografiara hai unhas semanas aos seus modelos e onde rematará de pintar o seu encargo no medio da festa e cos colegas (de vida e de profesión) no que ben puidera ser unha desas outras esceas cotiás que Joseba pinta por pracer.





Yoseba Muruzábal (A Coruña 1984), estudia Belas Artes na Facultade de Pontevedra. Recibe unha beca para participar nos obradoiros intensivos da Fundación Arauco (2009) onde aprende o uso clásico da técnica ao óleo. No 2005 o seu corto documental, ” Chicho Pancho Ancompany” é proxectado no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporanea). Obtén o Premio “Novos valores” na modalidade de pintura co cadro ” Juanchos y sus perros” (2009), tamén obtén o Premio “Eixo Atlántico” na modalidade de mellor artista galego co cadro “Chevi” (2010) e o Premio “Arte Nova Galega” co cadro “Lolo” (2012). É seleccionado en diferentes certames de pintura con cadros pertencentes á serie “Mis amigos y sus perros”, Premio de pintura “Terras de Iria” (2008), Certame “Novos Valores” (2008), Prremio “Terras de Iria” (2010), Premio de Artes Plásticas “Isaac Díaz Pardo” (2011) e “X Bienal Internacinal Pintor Laxeiro” (2011). Participa na exposición de artistas xoves europeos no proxecto “Start point 2009” promocionada pola Galeria Klatovy-klenová na República Checa, na exposición colectiva itinerante “Mmmmmh! 8 praceres visuais” (2012) e no proyecto colectivo “Container Inside” exposto na Cidade da Cultura de Galicia (2012).
—————

FAC Express AMANDO
O pintor Amando (Vigo, 1951) da o 18 de maio no FAC Peregrina unha pincelada de urxencia á lectura, aínda por facer, da súa traxectoria de corenta anos como artista; lectura coa que o Equipo FAC proponse contribuir á construcción dunha outra historia do noso contexto artístico contemporáneo.

AMANDO, A PINTURA TODA; UNHA HISTORIA
Venres 18 de maio de 2012

Charla presentación do artista “Una lectura furiosa (40 años pintando)” ás 19:30 hs.

Mirar la pintura toda, ahora, desde la distancia de cuarenta años ejerciéndola; ejerciéndose ella en mí. Cómo asumir toda esa obra acumulada, cómo, después de haber escuchado esta mañana —cuando me lo encontré paseando, hacia las once de la mañana de este lunes 30 de abril de 2012, en pos de la luz solar— al octogenario y filiforme poeta del «haz tú de mí». Sí, Carlos Oroza, al encontrármelo esta mañana, mirando el horizonte marítimo vigués, lleno de naves, vallas…, va y me dice, a modo de saludo «Cada día tengo más lucidez para pensar lo inútil que es todo».

Mirar ahora, desde este saludo del poeta, la obra almacenada, la obra realizada… la obra terminada… Sí, la obra… lo inútil que resulta considerar algo terminado. Y saber que todo final es siempre el inicio; siempre la fascinación primera de esa huella que dejamos; a veces asombrada por un verde fatigado, un carmesí alucinado… Huellas, mis cuadros, de Vida que se asombra de todo el tiempo que cabe en una mirada del poeta que camina en pos de la luz solar.

Amando














Amando (Vigo, 1951) inicia a súa traxectoria como artista a comezos do anos setenta, en Vigo. Forma parte das históricas exposicións “Pintura al aire libre” da Praza da Princesa de Vigo (1974 e 1976) e da Praza da Leña en Pontevedra (1975) que foran xerme do grupo Atlántica, entre outros, co que na década dos oitenta tivo unha estreita relación. Durante esa década, a dos oitenta, particpa en exposicións colectivas na Galería Metrónom de Barcelona (1980), na casa de España en París (1980), na Bienal de Pontevedra (1980), no Museo Arte Contemporáneo de Madrid (1982) e outras moitas. No ano 1985 a súa obra acude á Feira de Arte Contemporánea, ARCO, da man da Galería madrileña Fúcares. Traballará tamén coa Galería madrileña Edurne e coa galega Bacelos. Xa na década dos noventa ademáis de continuar a pintar e a expoñer, comisaria a exposición “Medievo 95” no Castelo de Soutomaior de Pontevedra na que poderase ver por primeira vez en Galicia a obra de artistas como Nacho Criado ou Eva Lootz xunto coas doutros artistas coma Alfonso Albacete, o propio Amando, Jorge Barbi, Antón Patiño, Menchu Lamas, Hernández Pijoan ou Juan Ugalde. É tamén nesta década cando comeza o proxecto editorial da revista independente “Microfisuras, cadernos de pensamento e creación” que durante vinte números trimestrais ao longo de cinco anos e feita dende Vigo convertiuse nunha infraestructura fundamental para a construcción de pensamento crítico colectivo e de pontes intelectuais e artísticas co resto de Europa. Xa nos anos dousmil Amando, que segue a pintar no mesmo estudio de sempre, na Praza de Compostela en Vigo, decide expandir o a mostra do seu traballo, nunha resposta ás políticas expositivas locais, a aqueles lugares que configuran o seu universo urbano persoal e o pictórico das súas obras: O “Unoestá” na Rúa Real, onde nacera; a “Heladería Capri” na Praza de Compostela ou o “Cosmos” onde comparte iniciativas e conversas cos que quedan aquí, do grupo de amigos e compañeiros de traballo artístico dos últimos trinta anos, protagonistas todos eles, da nosa historia actual.
+ info: Amando

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s