FAC ALL // Peche definitivo FAC Peregrina venres 21 de xuño a partir das 18:00h.

FAC ALL Peche definitivo
FAC Peregrina Furancho de Arte Contemoporánea finaliza o seu programa tras un ano e tres meses de actividade continuada e bota o peche definitivo.
A Equipa FAC decide poñer fin a este espazo proxecto artístico coa profunda satisfacción de ver os seus obxectivos cumpridos e a tranquilidade de haber exercido a súa responsablidade para coa construcción colectiva de coñecemento que é a Arte e máis para coa súa aportación aos novos xeitos de facer no sector artístico, social e afectivo. Queremos agradecervos a todxs o voso gran apoio, a vosa participación, as vosas extraordinarias colaboracións, a vosa amizade e a vosa entrega e para celebralo temos o pracer de convidarvos á festa de peche:

FAC ALL // Peche definitivo
Venres 21 de xuño a partir das 18:00h.

O FAC Peregrina bota o peche e con tal motivo organiza o evento FAC ALL no que poderemos disfrutar, todxs xuntxs dunha merenda-cena popular, facernos fotos para a memoria histórica da familia FAC’er no noso muro “Photocall”, participar dos concertos e intervencións musicais de Nacho Muñoz, Ulobit e a equipa de djs de Invasive Sessions, máis algunha que outra sorpresiña…

MERENDA-CENA POPULAR
18:00h en adiante. Cada quen traerá algo de comer ou/e de beber. H
MURO PHOTOCALL
Durante o día utilizaremos o muro do FAC de Photocall para o rexistro histórico de amigxs e colaboradorxs.

CONCERTOS

19:00: HEINE CHRISTENSEN (Ghost & tape) + HORACIO GONZÁLEZ e XOAN-XIL (Ulobit) http://www.ghostandtape.com/ + http://www.ulobit.net/

22:30 ATTENTION WHORE :: DUBSTEP, ELECTRO, DRUM¬BASS //INVASIVE SESSIONS
Dende as 22:30 e ata ben entrada a madrugada contaremos coa colaboración do colectivo de djs INVASIVE SESSIONS que convidan para esta ocasión aos pontevedreses ATTENTION WHORE (Dubstep, Electro, Drum&Bass). Estes rapaces vannos facer bailar a base de ben!

FLYERINVASIVEa3
ATT1
Info Atention Whore: http://www.facebook.com/attwPTV
Info INVASIVE SESSIONS: https://www.facebook.com/INVASIVESESSIONS

Contamos con vós!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s