FAC Express PROXECCIÓNS INSOLUBLES:
MAQUILLAXE AUMENTADA + CINESCAPISMO
venres 31 de maio a partir das 19:30h.
Presentación dos traballos Devuison (Maquillaxe Aumentada) a cargo de María Roja e Berio Molina, unha aproximacion mediante o fenómeno sonoro e unha interface de interacción e relación co corpo á maquillaxe e ao debuxo sonoro dende a idea do minúsculo e Cinescapismo a cargo de Laura Villaverde e Roi Fernández (Artesacía e Sr Pause Cinescapismo) no que dende o presuposto de que as formas de creación do cine a tempo real beben das mesmas fontes da poesía, trátase de abrir fechaduras durane un intre, coa cualidade de que ese intre perdure no imaxinario.
PROGRAMA
20:00h. // DEVUISON (20′)
21:00h. // CINESCAPISMO (30′)
+ info Devuison: http://www.berio.alg-a.org/Devuison-Proxecto-inicial
+ info Cinescapismo: http://www.espazoextramuros.org/
Imaxe1: Devuison, Berio Molina e María Roja
Imaxe2: Cinescapismo, Laura Villaverde e Roi Fernández