INAUGURACIÓN FAC EXPRESS ANIA GONZÁLEZ VENRES 24 DE MAIO A PARTIR DAS 18:00h.

FAC Feminismos
FAC Express Ania González
FAC FEMINISMOS // Recepción das prácticas feministas, queer e trans na programación cultural feita en Galicia
Venres 24 de maio a partir das 18:00h.

FAC Feminismos: unha intervención de Ania González que tenta a construcción material dun diagrama vivinte capaz de contextualizar no interior da (contra)historiografía contemporánea a recepción das prácticas feministas, queer e trans na programación cultural feita en Galicia. Para logralo contarase coa participación do proxecto teórico/artístico Archivo T (Genderhacker), varios casos de estudio seleccionados entre a programación cultural dos últimos anos en materia de xénero en Galicia, unha serie de entrevistas presenciais feitas o mesmo día 24 no FAC Peregrina a diferentes axentes culturais entre xs que se contan a filósofa Rebeca Baceiredo, a comisaria Anxela Caramés, a activista Mai ou a galerista María Díaz entre outrxs e unha videoteca-bibliografía misturada específicamente para a ocasión e descargable in situ polxs asistentes.

PROGRAMA

18:00 // Proxección “Armas de mujer”. Lúa Gándara, 14’28min. DV PAL, 2013
18:30 // Videopresentación “Archivo T”. Gender Hacker
18:45 // Presentación FAC Feminismos. Ania González
19:00 // Entrevista Rebeca Baceiredo (Filósofa)
19:30 // Entrevista Anxela Caramés (Comisaria)
20:00 // Entrevista Maria Díaz + Araceli Torres (Galeristas)
20:30 // Entrevista Mai Insua + Mari Fidalgo (Activistas lésbicas e feministas)
21:00 // Proxección “Armas de mujer”. Lúa Gándara, 14’28min. DV PAL, 2013
21:30 // Concerto Sr. Anido

FAC Feminismos conta coa colaboración audiovisual de Lúa Gándara quen ademáis de ocuparse da gravación das entrevistas presenta a peza de videocreación “Armas de mujer” e máis coa colaboración musical do Sr. Anido (Rafa Anido) que participa cun concerto no que presentará un tema especial creado para FAC Feminismos e baseado no libro da escritora e directora de cine francesa Virginie Despentes “Teoría King Kong” tras o que tocará outras cancións do seu repertorio habitual. Con esta colaboración, Rafa, achégase segundo as súas propias palabras, ao igual que moitos outros, a un mundo no que non está moi integrado, o do feminismo, “coa intención de enchouparse o máximo posible del, xa que é o futuro.”

Agardámosvos!

Imaxe:Karina Falagan, afamada hosteleira galega, dona dos históricos locais de alterne Lady Hamilton e Jonathan en Vigo, xunto ao domador de leóns Ángel Cristo promocionando a marca de cafeteras Cona (sinónimo de vulva en galego) da que Karina era representante. Fonte: http://karinafalagan.es.tl/Inicio.htm

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s