FAC Express Manuel Eiris venres 9 de novembro ás 17:30 hs.

Manuel Eiris
Venres 9 de novembro de 2012 ás 17:30 hs.

O artista Manuel Eiris presenta no FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea a peza “Grabación sonora registrada en vinilo de 7″ de un nose-slide ejecutado por un skater en uno de los bancos de la plaza de la Constitución de Santiago de Compostela.”

Manuel Eiris (Santiago de Compostela, 1977). Os máis que pequenos accidentes, é dicir, os acontecidos desde ou hacia o moi interior (espazos íntimos), e a súa análise, constitúen a materia e centro de estudio da súa práctica artística. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo prosigue a súa formación con un proxecto individual no Centro de Arte e Comunicación Visual Ar. Co (Lisboa) e un máster en belas artes na AKV St. Joost (‘S-Hertogenbosch). Actualmente vai iniciar un postgrado no Hoger Institut voor Schone Kunsten, HISK (Gante). Entre as súas exposición individuais cabe destacar a que fixo en 2011 para a galería SCQ (Santiago de Compostela) e Meeting Points II, no 2009, para o Espazo Anexo do MARCO (Vigo). Entre as colectivas destacan Gravity and Disgrace I, CGAC (Santiago de Compostela), Welcome to my loft, CBT (Ferrol) ou The ground we cover, Lokal 01 (Amberes). Ademáis de nestes espazos tamén ten exposto no Palácio das Galveias (Lisboa), CBK (‘S-Hertogenbosch), Het Wilde Werten (Rotterdam) ou no Círculo de Bellas Artes (Madrid) entre outros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s