Peche 1ª tempada FAC Peregrina

FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea chega ao fin da súa 1ª tempada de traballo.

Catro meses intensos nos que ademáis de votar a andar o espazo proxecto artístico autoxestionado fomos quen de construir, ata agora e entre todos os que participamos, unha montaxe expositiva que presentara o proxecto: a FAC Produción FAC OFF; catro exposicións de larga duración na modalidade de FAC Convidadxs: 1+1+1+ de Mauro Trastoy, PLÉTORA, La exposición con María Magán, Enrique Lista, Amaya González Reyes, Joan Morera, Lois Patiño, Carla Andrade, Ulobit, Luis Díaz Díaz e Diego Vites, nove artistas galegos comisariados por María Marco; COMO MEDIR UN PLANETA, unha refrexión sobre a medida das cousas feita por Baleiro a través dos traballos artísticos de Joan Morera, Miguel Prado e Eduardo Outeiro; dúas montaxes expositivas efémeras na modalidade de FAC Express: AMANDO, A pintura toda; unha historia de Amando e Bacanal por encargo de Joseba Muruzábal; dúas sesións do Laboratorio de son FAC con Pablo Orza, Lúa Gándara, Paulina Funes, Ania González, Macarena Montesinos, Ranter’s bay, María Chenut, e Diego Vites e unha intervención perfomativa espontánea de artes vivas: facdescomunal con Estevo Creus, Paulina Funes e Maciej Sado.

E non só iso senón que ademáis, ata agora e entre todos os que participamos, fomos quen tamén de crear un outro principio de realidade para o noso traballo artístico no que sí poder operar con liberdade e profesionalidade, non mediados por intereses alleos aos da creación, o esteblecemento de vínculos de afinidade, colaboración e intercambio de traballo e coñecementos e a súa difusión e apertura á comunidade.

Chegou o momento do descanso.

Pechamos pero non paramos. Estaremos de volta en outono con novas propostas nas que traballar das que vos presentamos algúns adiantos: FAC Peregrina abrirá a súa segunda tempada cunha FAC Produción dun afamado e histórico artista galego que nos achegará ata certas orixes da contemporaneidade artística que puideran ter acontecido hai xa algún tempo en Galicia, concretamente nas Rías Baixas; contará como FAC Convidadxs coa comisaria Violeta Janeiro que, nun movemento ata o de agora inédito e coa colaboración do fotógrafo Xepo W.S. abrirá novas corredoiras entre a escena artística dunha megalópole coma Shangai e a da unha aldea coma A Peregrina no que será a presentación das diferentes realidades e espazos de produción coñecidas nos obradoiros de 14 artistas chineses e dous artistas galegos; outro dos FAC Convidadxs será o artista lucense Jesús Otero que construirá no Furancho de Arte Contemporánea todo un novo imaxinario espacial e de uso para o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC); continuaremos coas sesións de improvisación musical do Laboratorio de son FAC e crearemos, por último, unha nova modalidade de intervención: o I CERTAME DE ARTES PLÁSTICAS FAC Peregrina, do que pronto teredes novas.

Polo de pronto convidámosvos a celebrar con nós o traballo feito e a ilusión polo descanso o vindeiro venres día 20 con:

COMO MEDIR UN PLANETA. MESA REDONDA
Carme Nogueira + Pablo Gallego Picard.
Venres 20 de xullo ás 19:00 hs.

Como clausura da exposición COMO MEDIR UN PLANETA, comisaridada por Baleiro, na que aínda tedes a oportunidade de coñecer os traballos artísticos de Joan Morera, Miguel Prado e Eduardo Outeiro, terá lugar unha mesa redonda que contará coa participación destacada da artista Carme Nogueira e do arquitecto Pablo Gallego Picard.

O debate, no que tamén participarán os artistas e os curadores da mostra, realizará diversas achegas á problemática do territorio no contexto da globalización, ben desde a arte e o urbanismo, ben desde a tecnoloxía ou a economía.

INTERVENCIÓN PERFORMATIVA
Paulina Funes + Maciej Sado
Venres 20 de xullo ás 21:30 hs.

Paulina Funes,artista escénica-visual e membro da compañía Funboa Escénica xunto e bailarín Maciej Sado farán unha intervención performativa específica no bosque do FAC Peregrina

LABORATORIO DE SON FAC
Pablo Orza + Lúa Gándara + Macarena Montesinos
Venres 20 de xullo a partires das 22:00 hs.

O Laboratorio de son FAC coordinado polos artistas Pablo Orza e Lúa Gándara celebrará a súa terceira sesión de improvisación e fará de telón de ruído e son para o peche de festa de fin de tempada.

Estades todxs convidadxs; contamos con vós!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s