COMO MEDIR UN PLANETA. Inauguración

FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea presenta unha nova montaxe expositiva na modalidade FAC Convidadxs:

COMO MEDIR UN PLANETA
29 de xuño – 20 de xullo 2012
Inauguración e mesa redonda venres 29 de xuño ás 20:00 hs.

Como medir un planeta formula unha refexión sobre as condicións obxectivas nas que o ser humano habita o mundo a través do traballo de tres artistas que empregan o acto de medir como estratexia creativa. Eles son Joan Morera (Vigo, 1984), Eduardo Outeiro (A Coruña, 1981) e Miguel Prado (A Coruña, 1985), creadores emerxentes galegos que, servíndose da escultura, o son, o vídeo e a instalación, presentan os seus últimos traballos, algúns deles especifcamente producidos para esta mostra. Deste xeito, o vigués Joan Morera afonda na súa investigación sobre a codifcación ideolóxica da memoria e do territorio mediante a manipulación de documentos públicos e privados. O seu traballo relé as dimensións monumentais dos ftos históricos desde estratexias domésticas e artesanais, prestando gran atención aos detalles: as súas pezas adoitan ser resultado de longos procesos de produción. Pola súa banda, Eduardo Outeiro presenta un proxecto específico que enfronta os sistemas de medidas tradicionais coa problemática da modernización e a tecnoloxía. Desde a posición do restaurador ou do conservador, Outeiro refexiona sobre os problemas asociados á globalización e á uniformización dos imaxinarios locais. Por último, Miguel Prado explora as analoxías existentes entre os procesos xeolóxicos e os procesos mentais. A súa proposta concibe a confguración do medio físico como unha suma de erros, accidentes ou traumas que se reficten na subxectividade humana, establecendo así un diálogo entre o orgánico e o inorgánico, entre a vida e a morte.

Con motivo da inauguración da exposición terá lugar unha mesa redonda que contará coa presencia dos tres artistas e os dous curadores, Daniel López e Victor Pérez, membros de Baleiro. Nela debaterase sobre a capacidade da arte contemporánea de mellorar a noso coñecemento do medio ambiente, así como dos fenómenos asociados á súa degradación física, produtiva e cultural.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s