Adianto programación: 29 de xuño FAC Convidadxs Baleiro, COMO MEDIR UN PLANETA

FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea presenta unha nova montaxe expositiva na modalidade de FAC Convidadxs:

COMO MEDIR UN PLANETA
29 de xuño – 21 de xullo de 2012

A tecnoloxía empregada por unha sociedade reflicte o xeito en que esta observa, interpreta e intervén o medio ambiente. Por este motivo, un amplo repertorio de medidas tradicionais perdurou en Galicia fronte á progresiva implantación do sistema métrico decimal desde os anos da Ilustración. Mais o proceso de adaptación non foi inocuo: a conversión técnica levou aparellada a substitución dos vellos métodos fragmentarios e locais por un novo ideario científico, global, baseado nos principios de igualdade e xustiza das revolucións liberais. Estes esforzos, aplicados principalmente nos ámbitos educativo e industrial, influíron decisivamente nas connotacións que termos como “progreso”, “desenvolvemento” ou “benestar” adquiren cando son aplicados ao país.

O convite que recebemos por parte do equipo do FAC Peregrina para desenvolver un proxecto curatorial que atendera ao contexto rural onde se atopa este espazo resultounos especialmente atractivo. Mais non debemos esquecer que ao traballar desde esta premisa, o medio non pode ser comprendido soamente como algo físico (ou obxectivo) nin soamente mental (ou subxectivo), senón como traxectoria. Esta exposición quere poñer en práctica a capacidade da arte para transitar entre estes dous polos, pois estamos seguros de que no fondo, o que verdadeiramente importa cando un se move é saber orientarse mais que coñecer a distancia que queda por percorrer. Imaxinarnos, por un momento, herdeiros de Ptolomeo, quen se propuxo realizar un mapa do mundo e os seus cálculos evidenciaron que o finalmente debullado, de Cabo Verde á China, correspondíase con un cuarto da superficie total do planeta: el foi consciente de que o seu mapa tan só reflectía a ecúmene, o conxunto de mundo coñecido por unha cultura determinada. Se a cultura métrica define a nosa percepción do planeta no que vivimos, que outras rexións da terra e do ceo estarán aínda por descubrir?

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s