PLÉTORA, La exposición. Inauguración

FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea presenta unha nova montaxe expositiva na modalidade FAC Convidadxs:

PLÉTORA, La exposición

01 de xuño – 22 de xuño de 2012
Inauguración venres 1 de xuño ás 20:00 hs.

+ ÓPERA ELECTRÓNICA “BARROCA”  ás 22:00 hs.

O vindeiro venres 1 de xuño terá lugar no FAC Peregrina a inauguración de “PLÉTORA, La exposición” que fará as veces de presentación da nova revista de arte contemporánea P L É T O R A e contará coa actuación ÓPERA ELECTRÓNICA “BARROCA” o caramelo derretido en un bolsillo a cargo de Madamme Cell (osciladores), Juanma Lodo (electrónica) e Lúa Gándara (vestida de princesa).

INAUGURACIÓN- PRESENTACIÓN DA NOVA REVISTA DE ARTE CONTEMPORÁNEA P L É T O R A


Ser xesta. Diego Vites. 2012. Cortesía do artista.

O vindeiro venres día 1 de xuño ás 20:00 h. no FAC Peregrina / Furancho de Arte Contemporánea preséntase oficialmente a revista P L É T O R A. Un proxecto editorial autoxestionado, independente e sen ánimo de lucro. O seu primeiro número vai acompañado dunha exposición ilustrativa dalgúns dos contidos do número 0 da revista.

 P L É T O R A # 0 que en esta ocasión leva o subtítulo de Desire for community, Community of Desire inicia unha serie de números, concretamente tres ao ano en galego, castelán e inglés, orientados a dinamizar as relacións entre os xoves artistas, críticos, comisarios e o gran público. Nace da emerxencia de estimular o tecido cultural, en concreto o vinculado ás artes visuais en Galicia, como un exercicio que fomente a diversidade e a calidade dos contidos culturais. Neste primeiro número poderemos ver contidos de Luís Díaz Díaz, Amaya González Reyes, Enrique Lista, Joan Morera, Lois Patiño, Carla Andrade, Ulobit, Nikita Rodríguez ou Diego Vites e artigos firmados por Emanuela Saladini, Vanesa Díaz, María Moldes, Ania González ou María Marco.

O proxecto P L É T O R A nace como revista pero tamén como enerxía catalizadora capaz de mutar en diversos formatos que apoien e visibilicen a produción artística contemporánea.

P L É T O R A consiste en pensar dende a heterodoxia intelectual deixando a un lado as inxenuas pretensións de reactivar o que nunca estivo activo, nin de cegarse con fogos de artificio. Apostamos pola construcción dun tecido cultural dende o entusiasmo entendendo a arte coma unha primeira necesidade e negámonos a que a crise económica encubra outra serie de fracturas como a educativa ou a cultural.


Paisaxe suspendida. Carla Fernández Andrade. 2012. Cortesía da artista.

“PLÉTORA, La exposición”

Este número cero ve a luz acompañado de “PLÉTORA, La exposición” que terá lugar do 1 ao 22 de xuño no FAC Peregrina/Furancho de Arte Contemporáneo con pezas de Amaya González Reyes, Enrique Lista, Joan Morera, Ulobit, María Magán, Luís Díaz Díaz, Lois Patiño, Carla Andrade e Diego Vites. “Desexo de comunidade, comunidade do desexo” constitúe o punto de partida da exposición aludindo a un desexo que deixa de ser entidade para devir aspiración, onde o que importa non é o cumplimento dun obxectivo senón a persecución do mesmo, compartindo rasgos co pensamiento utópico. Esta comunidade soñada engloba tanto a unha xeración de artistas con oríxes xeográficas comúns e unha actitude proactiva (ou reactiva) ante a precariedade do sector da arte contemporánea en Galicia, como a todo aquel espectador-lector que apoie e participe de este desexo da arte como utopía social. A inauguración comezará ás 20:00 h. con unha presentación da revista e unha visita guiada á exposición a cargo de María Marco (comisaria e editora do proxecto) seguida dun concierto a las 22:00 h. do proxecto ÓPERA ELECTRÓNICA “BARROCA”, composto por Juanma Lodo (electrónica) Nacho Madamme (osciladores) e Lúa Gándara (voz).

Agardámosvos alí!!

Máis info: www.pletora.es

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s