BACANAL POR ENCARGO Joseba Muruzábal. Inauguración

FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea presenta a montaxe expositiva na modalidade FAC Express:

BACANAL POR ENCARGO
JOSEBA MURUZÁBAL
Venres 25 de maio de 19 a 00:30 hs.

O pintor Joseba Muruzábal (A Coruña 1984) presentará o vindeiro venres 25 de maio no FAC Peregrina a súa obra de encargo “Bacanal” composta por un panel de grandes dimensións no que retrata aos membros da familia FAC’er participando dunha bacanal romana e un retrato, tamén de grandes dimensións, do deus Baco. Con esta proposta o FAC Peregrina pretende afondar sobre a cuestión das obras por encargo como medio de supervivencia e produción, non sempre recoñecido, para o artista.

Nunha aposta por este tipo de obras en tanto forza de traballo, o Equipo FAC convida ao artista Yoseba Muruzábal a traballar no seu espazo onde xa fotografiara hai unhas semanas aos seus modelos e onde rematará de pintar, o vernes 25, o seu encargo no medio da festa e cos colegas (de vida e de profesión) no que ben puidera ser unha desas outras esceas cotiás que Joseba pinta por pracer.

Estades todxs convidadxs!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s