1+1+1+ Mauro Trastoy Inauguración

FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea presenta a súa primeira montaxe expositiva na modalidade FAC Convidadxs:

1+1+1+
MAURO TRASTOY

Do 20/04 ao 11/05 de 2012
Inauguración: venres 20 de abril a partir das 16 h.

“Se alguén oprime o 1 dunha máquina sumadora, e repite a operación, e a segue repetido sen cesar durante horas e horas, a máquina non aprenderá xamáis a anticiparse ao operador sumando un novo 1 por si mesma, a pesar de que calquera persoa asimilaría moi rápidamente o comportamento repetitivo.
Xurde daquela a emoción do infinito”.
(Douglas R. Hofstadter, en Gödel, Escher, Bach. Un eterno e grácil bucle)

Esta é unha selección de obras dos últimos 5 anos.
Algunhas tiveron certa continuidade nunha serie, outras sen embargo quedaron en pequenas incursións ou abandonadas en metade da súa elaboración.
Intento agora que se relacionen entre si nun contexto diferente ao taller, onde foron formuladas.

Proceso de elaboración:
A partir dun material (corda, arame, madeira…) concreto un xesto/acción (medir-recortar-atar, cortar-pegar…).
A repetición dese xesto/acción constrúe unha estrutura (desde un primeiro momento vanse configurando unhas pautas de acción que procuro manter en todo momento).

O proceso interrómpese debido a varios motivos:
a. Non dispoñer de tempo.
b. Cansazo.
c. Cúbrese o espazo destinado a un proceso determinado (lenzo, habitación…).
d. Alternar varios procesos. Voy comenzando uns en detrimento doutros.
e. …

Montaxe: Támmara Bescansa
+ info: trastoy.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s