Qué é

FAC Peregrina Furancho de Arte Contemporánea é un espazo proxecto artístico autoxestionado que xorde da necesidade dun lugar intermedio (nin comercial nin institucional) para a arte.

É tamén un espazo non mediado por intereses alleos ao traballo de creación e baseado nunha circunstancia vital: o excedente cultural que hoxe en día constitúen determinados traballos artísticos tanto para os seus creadorxs coma para o sistema da arte local e a urxente pertinencia de darlles saída e poñelos en relación co diálogo especializado que lles corresponde.

FAC Peregrina, situado na contorna rural que é Galicia, fai uso das estratexias de recuperación e construción funcionais e estéticas propias do medio, vencéllase conceptualmente a elas e adopta a forma de Furancho, un lugar para o social e o intercambio directo construído cos materias que xa hai na casa onde dar saída ao excedente da produción vinícola propia.

Como proxecto, FAC Peregrina é tamén unha clara declaración de intencións, unha toma de posición e unha decidida acción fronte ao descrédito e ao descontento co actual desenvolvemento do sector profesional das artes en Galicia. Co convencemento de que as condicións nas que vivimos han ser as condicións nas que produzamos, FAC Peregrina actúa unha outra forma artística vital.

PROGRAMA

O programa artellarase en varios formatos diferentes:

FAC Producións: montaxes expositivas de produción propia que proxectarán presentacións formais de liñas de investigación e intereses do equipo FAC.
FAC Convidadxs: montaxes expositivas desenvolvidos por artistas, colectivos ou outros axentes por convite do Equipo FAC.
FAC Express: montaxes expositivas de curta duración que atendan de xeito espontáneo as posibles urxencias espaciais ou de presentación doutros proxectos artísticos ou de investigación.
Laboratorio de son FAC: espazo experimental para a improvisación musical aberto unha vez ao mes no FAC Peregrina.

PARTICIPACIÓN

Poderanse presentar propostas de participación nas modalidades FAC Convidadxs e FAC Express, enviando ao mail facperegrina@gmail.com unha breve sinopse do proxecto. As propostas resolveranse tras unha presentación formal e unha xuntanza presencial con Equipo FAC.

EQUIPO FAC

Olmo Blanco, artista visual (Boiro, 1982)
Ania González, crítica cultural (Vigo, 1977)
Diego Vites, artista visual (O Grove, 1986)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s